"ENCONTROS DE BANDA DESEÑADA NA MARIÑA" I.E.S. Perdouro -Burela-

19/06/09

ENTREGA DE PREMIOS E VISITA DE LUXO

O martes 23 de xuño as 12:30 celebrarase na biblioteca do instituto Perdouro de Burela a entrega de premios do certame de banda deseñada.
Para ledicia de todolos amantes da banda deseñada, estará conosco nin mais nin menos co xenial Miguelanxo Prado, considerado por moitos o autor de BD máis relevante do país. Impresionante broche douro para clausurar os 1º encontros de banda deseñada na Mariña.
Esperamos veros o martes.

16/06/09

GAÑADORES DO CONCURSO DE BANDA DESEÑADA

OS GAÑADORES SON:
  • CATEGORÍA ESCOLAR ATA 14 ANOS (A)
1º premio: Tania Díaz Vázquez. "O resplandor do bosque"
IES Perdouro (Burela)
2º premio: Jeanderson Bruno Patricio dos Santos. "Loita por un amor"
CEIP O Cantel (Foz)
  • CATEGORÍA ESCOLAR ATA 18 ANOS (B)
1º premio: Andrea Sinde González. "Morte por amor"
IES Santiago Basanta Silva (Vilalba)
2º premio: Gema López López e Sonia García Gesto. "Soño ou realidade"
IES Santiago Basanta Silva (Vilalba)

  • CATEGORÍA LIBRE
1º premio: Esteban Bernárdez Fuentes. "O contrabandista"
A Coruña
2º premio: David Prieto Seijo. "A broma"
A Coruña
Finalistas na categoría libre:

Eva Rivas García ."O segredo da perla"
IES Montecastelo (Burela)
Alexandre Fernandez Pino. "A filla da noite"
Xove
  • PREMIO Á MELLOR HISTORIA
Declarado deserto

Se queres ver os cómics premiados pulsa aquí

O noso agradecemento a todolos participantes, contamos con vos o próximo ano.

28/05/09

VISITA DOS ALUMNOS DO MONTECASTELO



Alumnos do bacharelato de artes do IES Montecastelo visitaron as exposicións "atrapados nas viñetas" e "As bases da banda"

E TAMÉN QUEDARON ATRAPADOS NAS VIÑETAS




EXPOSICIÓN: AS BASES DA BANDA

Podedes visitar no instituto a mostra "As bases da banda". Esta exposición forma parte dun proxecto de difusión da banda deseñada nos centros escolares de secundaria

OBRADOIRO DE POSTERS






Os alumnos da ESO participaron nun obradoiro no que fixeron posters das suas persoaxes de banda deseñada preferidas.

OBRADOIRO DE POSTERS II



OBRADOIRO DE POSTERS III





22/05/09

OBRADOIRO DE BANDA DESEÑADA



Rematou o obradoiro de banda deseñada. ¡Bo traballo chicos e chicas!, ata o ano que ven.

14/05/09

PROXECCIÓNS


O xoves 21 de maio as 16:30 na biblioteca do IES Perdouro, proxección da película de anime escrita e dirixida polo animador Hayao Miyazaki.

ATRAPADOS NAS VIÑETAS



¿quenes son?

ATRAPADOS NAS VIÑETAS II



05/05/09

2ª XORNADA DO OBRADOIRO DE BANDA DESEÑADA



Seguimos co curso, desta tocou aprender "deseño da páxina" . Viñeron os da tele e entrevistaron ós participantes do curso.

30/04/09

PROXECCIÓNS



O 7 de maio as 16:30 no I.E.S. Perdouro de Burela dentro dos 1º Encontros de Banda Deseñada na Mariña, proxectarase na biblibioteca do Instituto a película "Hellboy", adaptación da banda deseñada de Mike Mignola dirixida por Guillermo del Toro.

KIKO DA SILVA DEBUXOU PARA NOS



Nos 1º encontros de banda deseñada na Mariña, o debuxante Kiko da Silva falounos do seu traballo. Ó final da charla amosounos como debuxa e deixounos de agasallo uns bicos "moi especiais"

OBRADOIRO



Cheo total no obradoiro de "Iniciación á Banda Deseñada" no marco dos 1º Encontros de Banda Deseñada na Mariña. "Cerditos de Guinea Cómic", editorial especializada no mundo da banda deseñada, son os encargados do curso.
Os inscritos tedes a próxima cita o martes 5 de maio.
Moitos quedaron sen praza, o ano que ven teredes que ser máis rápidos......