Os días 25 e 26 de xaneiro de 4 a 6 da tarde, teremos dentro das actividades dos IV encontros, un obradoiro de creación de banda deseñada.
Aprenderemos a colocar os bocadillos e os seus tipos, veremos diferentes estilos de viñetas, inventaremos diálogos, ordenaremos viñetas, .........
"ENCONTROS DE BANDA DESEÑADA NA MARIÑA" I.E.S. Perdouro -Burela-
18/01/12
Xa comezaron os IV encontros
Hoxe inauguramos os encontros. Xuntámonos na biblioteca e despois de escoitar un breve resumo das actividades que teremos, repartimos chocolate (17 litros) e lambona entre tod@s @s que viñeron cun bocadillo.
Tamén vimos fotos das actividades de anos anteriores e sorprendéronnos Spiderman e Batman que tamén cambiaron o seu bocadillo por chocolate.
E estos son os bocadillos que cambiamos polo chocolate
Tamén vimos fotos das actividades de anos anteriores e sorprendéronnos Spiderman e Batman que tamén cambiaron o seu bocadillo por chocolate.
E estos son os bocadillos que cambiamos polo chocolate
15/01/12
COMEZAN OS IV ENCONTROS DE BANDA DESEÑADA NA MARIÑA
O próximo mércores 18 de xaneiro as 11:00 na biblioteca do IES Perdouro de Burela inauguramos os IV encontros de BD.
Ese día presentarase o cartaz que anunciará os encontros e o Nº 3 da revista "Bandadesexada" que recolle os traballos gañadores da terceira edición.
No acto de presentación cambiaremos bocadillos por chocolate.
Todos aqueles que queirades asistir lembrade traer o voso bocadillo.
Todos aqueles que queirades asistir lembrade traer o voso bocadillo.
Aquí vos deixo algúns, vos so teredes que pensar no recheo.........
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)