CONCURSO
DE CREACIÓN
BASES
A
Biblioteca do IES Perdouro de Burela convoca o CONCURSO DE BANDA
DESEÑADA
dentro
dos QUINTOS ENCONTROS DE BANDA DESEÑADA NA MARIÑA, no que rexerán
as
seguintes
bases:
1.
Poderán
participar neste concurso todas as persoas interesadas, existindo as
seguintes
categorías:
● Libre
ou aberta. Poderán participar autores de BD non profesionais que non
publicaran
nunca obra nin en ábums nin en revistas e que non gañaran en anos
anteriores
.
● Categoría
escolar para alumnado de 15 ata 18 anos.
● Categoría
escolar para alumnado ata 14 anos.
2.
Cada obra só
poderá presentarse nunha das categorías.
3.
O tema será libre
cos textos en galego. Cada autor/a poderá presentar as obras que
considere oportunas, non premiadas noutros concursos.
4.
Os traballos terán
que ser orixinais, cunha extensión máxima de catro páxinas, a
cores ou en branco e negro. A técnica é libre. Os traballos
presentaranse con dimensións DIN A-4.
5.
A autoría poderá
ser individual ou de dúas persoas: debuxante e guionista. O estilo,
tratamento e xénero serán libres. O contido das obras non poderá
atentar contra a integridade das persoas.
6.
Os traballos
presentaranse dentro dun sobre pechado no que figurará, na parte
exterior, o
ítulo
ou lema e a categoría na que participa; dentro do sobre
incluirase outro tamén pechado no que
figuren:
- Título da obra.
- Nome e apelidos do/a concursante (imprescindible)
- Fotocopia do D. N. I
- Centro educativo (no caso das categorías escolares)
- Domicilio e teléfonos de contacto.
7.
Os traballos
enviaranse a:
IES
Perdouro
Rúa
do instituto s/n
27880
Burela (Lugo)
8.
O prazo da
presentación dos traballos remata o 14 de marzo do 2013.
9.
Os premios
serán os seguintes:
- Categoría Libre ou Aberta:
1º
Premio: Ordenador portátil.
2º
Premio: Tableta dixitalizadora.
- Categorías escolares:
1º
Premio: Colección de bandas deseñadas e material de pintura.
2º
Premio: Colección de bandas deseñadas e material de pintura.
- Publicación das obras seleccionadas polo xurado nas diferentes categorías.
10.
O xurado poderá
declarar os premios desertos.
11.
Os traballos
premiados pasarán a ser propiedade do IES Perdouro. O resto dos
traballos
poderán
ser recollidos no Centro nun prazo non superior a un mes; despois
desa data, pasarán a ser propiedade do IES Perdouro.
12.
A participación
neste concurso implica a aceptación das bases. Os casos non
previstos nestas bases serán resoltos a criterio da organización.
IES
Perdouro
Rúa
do instituto s/n
27880
Burela (Lugo)
Teléfono:
982 575098
ies.perdouro@edu.xunta.es
Ningún comentario:
Publicar un comentario