"ENCONTROS DE BANDA DESEÑADA NA MARIÑA" I.E.S. Perdouro -Burela-
Amosando publicacións coa etiqueta clausura b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta clausura b>. Amosar todas as publicacións
29/05/14
27/05/14
Acto de entrega dos premios do Concurso de creación de banda deseñada - VI Encontros de BD na Mariña
A continuación da conferencia do debuxante Fran Bueno, procedeuse á entrega dos premios aos gañadores e gañadoras das distintas categorías no concurso de creación de banda deseñada que se convoca cada ano.
Abriu o acto de entrega o director do IES Perdouro, Santiago J. Pérez. O Tenente Alcalde do Concello de Burela, Manuel Fernández, a edila de Cultura, Mónica Pedre, xunto co debuxante foron os encargados de entregar os premios e diplomas aos gañadores do certame de Banda Deseñada que nesta ocasión foron para os alumnos e alumnas do CEIP de Cervo, do IES María Soliño de Cangas do Morrazo, do IES Xunqueira I de Pontevedra e, na categoría libre, para participantes de Pontevedra e A Coruña. Pechou o acto o Tenente Alcalde felicitando e agradecendo iniciativas educativas de índole creativa como esta.
Etiquetas:
clausura,
FOTOS PREMIADOS,
Fran Bueno,
VI Encontros
Acto de clausura dos VI Encontros de Banda Deseñada na Mariña 2014
O martes 27 de maio tivo lugar na biblioteca do IES Perdouro de Burela o acto de clausura dos VI Encontros de Banda Deseñada na Mariña asi como a entrega de premios.
O debuxante santiagués Fran Bueno foi o invitado de excepción na clausura dos sextos Encontros de Banda Deseñada na Mariña que se celebraron no IES Perdouro de Burela.
Fran Bueno é un debuxante con gran proxección internacional xa que foi o primeiro autor galego en traballar profesionalmente no sector comercial do cómic estadounidense. Ademais ten no seu aval o prestixioso premio Castelao de cómic 2013 convocado pola Deputación da Coruña.
Durante a súa intervención, Fran Bueno falou do seu día a día como debuxante de cómic e explicou ao seu público a importancia da lectura da imaxe. Falou da relevancia do trazo, do grosor das liñas, das sombras. Repasou o proceso de creación dunha viñeta dende o debuxo, o entintar, o feito de colorear e sen esquecer os globos, ferramenta que intensifica en moitos casos os tonos en que falan os personaxes. En resumidas contas, unha imaxe é un conxunto de curiosidades que ten como único obxetivo emocionar os lectores de banda deseñada. O artista soupo captivar a atención de todo o público que se viu inmerso no apaixoante mundo da viñeta. Como broche final, o recoñecido debuxante fixo un simpático debuxo dedicado ao alumnado do centro.
Etiquetas:
clausura,
Fran Bueno,
VI Encontros
22/05/14
Clausura dos VI Encontros de Banda Deseñada 2014
O martes 27 de maio ás 12h20 na biblioteca abrirán o acto, o director, Santiago Pérez, a Vicedirectora, Karina Parga, a concelleira de Cultura, Mónica Pedre e o tenente alcalde, Manuel Fernández.
Etiquetas:
clausura,
Fran Bueno,
VI Encontros
26/03/12
Entrega de premios e clausura 2012
O MÉRCORES 28 de marzo as 11:30 na biblioteca do IES Perdouro , entrega de premios do concurso de banda deseñada da man de Brais Rodríguez
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
