"ENCONTROS DE BANDA DESEÑADA NA MARIÑA" I.E.S. Perdouro -Burela-

30/04/09

PROXECCIÓNS



O 7 de maio as 16:30 no I.E.S. Perdouro de Burela dentro dos 1º Encontros de Banda Deseñada na Mariña, proxectarase na biblibioteca do Instituto a película "Hellboy", adaptación da banda deseñada de Mike Mignola dirixida por Guillermo del Toro.

KIKO DA SILVA DEBUXOU PARA NOS



Nos 1º encontros de banda deseñada na Mariña, o debuxante Kiko da Silva falounos do seu traballo. Ó final da charla amosounos como debuxa e deixounos de agasallo uns bicos "moi especiais"

OBRADOIRO



Cheo total no obradoiro de "Iniciación á Banda Deseñada" no marco dos 1º Encontros de Banda Deseñada na Mariña. "Cerditos de Guinea Cómic", editorial especializada no mundo da banda deseñada, son os encargados do curso.
Os inscritos tedes a próxima cita o martes 5 de maio.
Moitos quedaron sen praza, o ano que ven teredes que ser máis rápidos......