"ENCONTROS DE BANDA DESEÑADA NA MARIÑA" I.E.S. Perdouro -Burela-

25/03/14

Acto de inauguración dos VI Encontros de Banda Deseñada na Mariña - 2014

O pasado 24 de marzo na Biblioteca do IES Perdouro presentáronse os VI Encontros de Banda Deseñada na Mariña, uns encontros que comezaron no ano 2009 e que teñen dous obxectivos básicos: por un lado, a posta en coñecemento do apaixoante mundo do cómic e, por outro, dinamizar a vida da Biblioteca, xa que o cómic é un bo recurso para fomentar a lectura entre o máis novos. A adquisión de moitas obras novas para os fondos da Comiteca posibilita a consulta e a lectura de calidade, o que fai que o noso alumnado mostre interese por este tipo de obras.

Nesta primeira xornada dos VI Encontros, o Centro encheuse de superheroes da banda deseñada. 

Igualmente presentouse o número quinto da nosa revista “Banda Desexada”, que recolle todo o feito nos encontros do ano pasado así como os traballos premiados na anterior edición.

Bases do Concurso de creación  de banda deseñada

O prazo de presentación remata o 4 de maio. 

20/03/14

Inauguración dos VI Encontros de Banda Deseñada na Mariña - 2014

Esperámoste o luns 24 de marzo ás 11h na biblioteca do IES Perdouro.

Como ven sendo habitual nos encontros, o día da inauguración danse cita na biblioteca figuras, persoeiros, bocadillos do mundo da sétima arte. Este ano pedimos auxilio aos superheroes para axudarnos a construír un mundo mellor e loitar contra os viláns. Para iso facemos o seguinte chamamento: "Presenta unha identificación de superheroe (capa, máscara, antifaz ou logo) para poder acceder á biblioteca e gozar dun chocolate cun anaco de lambona." Disque Superman e Capitán América aparecerán polo Perdouro.

Igualmente presentaremos o número cinco da nosa revista “Banda Desexada”, que recolle as actividades nos encontros do ano pasado así como os traballos premiados na anterior edición.

10/03/14

Bases do concurso dos sextos encontros

SEXTOS ENCONTROS DE BANDA DESEÑADA NA MARIÑA
CONCURSO DE CREACIÓN 
 
BASES
 
A Biblioteca do IES Perdouro de Burela convoca o CONCURSO DE BANDA DESEÑADA
dentro dos SEXTOS ENCONTROS DE BANDA DESEÑADA NA MARIÑA, no que rexerán as
seguintes bases:
1. Poderán participar neste concurso todas as persoas interesadas, existindo as seguintes
categorías:
●Libre ou aberta. Poderán participar autores de BD non profesionais que non
publicaran nunca obra nin en álbums nin en revistas e que non gañaran en anos
anteriores.
●Categoría escolar para alumnado de 15 ata 18 anos.
●Categoría escolar para alumnado ata 14 anos. 
 
2. Cada obra só poderá presentarse nunha das categorías. 
 
3. O tema será libre cos textos en galego. Cada autor/a poderá presentar as obras que considere
oportunas, non premiadas noutros concursos. 
 
4. Os traballos terán que ser orixinais, cunha extensión máxima de catro páxinas, a cores ou en
branco e negro. A técnica é libre. Os traballos presentaranse con dimensións DIN A-4. 
 
5. A autoría poderá ser individual ou de dúas persoas: debuxante e guionista. O estilo, tratamento
e xénero serán libres. O contido das obras non poderá atentar contra a integridade das persoas. 
 
6. Os traballos presentaranse dentro dun sobre pechado no que figurará, na parte exterior, o
título ou lema e a categoría na que participa; dentro do sobre incluirase outro tamén pechado no
que figuren:
●Título da obra.
●Nome e apelidos do/a concursante (imprescindible)
●Fotocopia do D. N. I
●Centro educativo (no caso das categorías escolares)
●Domicilio e teléfonos de contacto. 
 
7. Os traballos enviaranse a:
IES Perdouro
Rúa do instituto s/n
27880 Burela (Lugo) 
 
8. O prazo da presentación dos traballos remata o 4 de maio do 2014.