CUARTOS ENCONTROS DE BANDA DESEÑADA NA MARIÑA
CONCURSO DE CREACIÓN
BASES
A Biblioteca do IES Perdouro de Burela convoca o CONCURSO DE BANDA DESEÑADA dentro dos CUARTOS ENCONTROS DE BANDA DESEÑADA NA MARIÑA,no que rexerán as seguintes bases:
- Poderán participar neste concurso todas as persoas interesadas, existindo as seguintes categorías:
- Libre ou aberta. Poderá participar calquera persoa que non gañara en anos anteriores nesta categoría.
- Categoría escolar para alumnos de 15 ata 18 anos.
- Categoría escolar para alumnos ata 14 anos.
- Cada obra so poderá presentarse nunha das categorías.
- O tema será libre, con textos en galego. Cada autor/a poderá presentar as obras que considere oportunas, non premiadas noutros concursos.
- Os traballos terán que ser orixinais, cunha extensión máxima de catro páxinas, a cores ou en branco e negro. A técnica é libre. Os traballos presentaranse con dimensións DIN A-4.
- A autoría poderá ser individual ou de dúas persoas: debuxante e guionista. O estilo, tratamento e xénero serán libres. O contido das obras non poderá atentar contra a integridade das persoas.
- Os traballos presentaranse baixo plica: en sobre pechado no que figurará na parte exterior o título ou lema e a categoría na que participa; no interior do sobre indicarase:
- Título da obra.
- Nome e apelidos do/a concursante (imprescindible)
- Fotocopia do D. N. I
- Centro educativo (no caso das categorías escolares)
- Domicilio e teléfonos de contacto.
- Os traballos enviaranse a:
IES Perdouro
Rúa do instituto s/n
27880 Burela (Lugo)
- O prazo da presentación dos traballos remata o 20 de marzo do 2012.
- Os premios serán os seguintes:
- Categoría Libre ou Aberta:
1º Premio: Ordenador portátil e tableta dixitalizadora.
2º Premio: Tableta dixitalizadora.
- Categorías escolares:
1º Premio: Colección de bandas deseñadas e material de pintura.
2º Premio: Colección de bandas deseñadas e material de pintura.
- Publicación das obras seleccionadas polo xurado nas diferentes categorías.
- O xurado poderá declarar os premios desertos.
- Os traballos premiados pasarán a ser propiedade do IES Perdouro. O resto dos traballos poderán ser recollidos no Centro nun prazo non superior a un mes, despois desa data, pasarán a ser propiedade do IES Perdouro.
- A participación neste concurso implica a aceptación destas bases. Os casos non previstos nestas bases serán resoltos a criterio da organización.
IES Perdouro
Rúa do instituto s/n
27880 Burela (Lugo)
Teléfono: 982 575098
ies.perdouro@edu.xunta.es