"ENCONTROS DE BANDA DESEÑADA NA MARIÑA" I.E.S. Perdouro -Burela-

30/01/13

Proxeccións de curtas

Durante a celebración dos V encontros, todos os martes teremos proxección de curtas na biblioteca as 11.00.

24/01/13

Debuxante de cómic. Miguelanxo Prado

No video tendes unha reportaxe na que Miguelanxo prado fala do seu traballo.
O documental foi emitido na TVE

15/01/13

Bases do concurso dos V encontros de Banda deseñada na mariña

 


CONCURSO DE CREACIÓN
BASES

A Biblioteca do IES Perdouro de Burela convoca o CONCURSO DE BANDA DESEÑADA
dentro dos QUINTOS ENCONTROS DE BANDA DESEÑADA NA MARIÑA, no que rexerán as
seguintes bases:

1. Poderán participar neste concurso todas as persoas interesadas, existindo as seguintes
categorías:

Libre ou aberta. Poderán participar autores de BD non profesionais que non
publicaran nunca obra nin en ábums nin en revistas e que non gañaran en anos
anteriores .

Categorí­a escolar para alumnado de 15 ata 18 anos.

Categorí­a escolar para alumnado ata 14 anos.

2. Cada obra só poderá presentarse nunha das categorías.

3. O tema será libre cos textos en galego. Cada autor/a poderá presentar as obras que considere oportunas, non premiadas noutros concursos.

4. Os traballos terán que ser orixinais, cunha extensión máxima de catro páxinas, a cores ou en branco e negro. A técnica é libre. Os traballos presentaranse con dimensións DIN A-4.

5. A autoría poderá ser individual ou de dúas persoas: debuxante e guionista. O estilo, tratamento e xénero serán libres. O contido das obras non poderá atentar contra a integridade das persoas.

6. Os traballos presentaranse dentro dun sobre pechado no que figurará, na parte exterior, o
í­tulo ou lema e a categorí­a na que participa; dentro do sobre incluirase outro tamén pechado no que
figuren:
  • Tí­tulo da obra.
  • Nome e apelidos do/a concursante (imprescindible)
  • Fotocopia do D. N. I
  • Centro educativo (no caso das categorí­as escolares)
  • Domicilio e teléfonos de contacto.
7. Os traballos enviaranse a:
IES Perdouro
Rúa do instituto s/n
27880 Burela (Lugo)

8. O prazo da presentación dos traballos remata o 14 de marzo do 2013.

9. Os premios serán os seguintes:
  • Categorí­a Libre ou Aberta:
1º Premio: Ordenador portátil.
2º Premio: Tableta dixitalizadora.
  • Categorías escolares:
1º Premio: Colección de bandas deseñadas e material de pintura.
2º Premio: Colección de bandas deseñadas e material de pintura.
  • Publicación das obras seleccionadas polo xurado nas diferentes categorías.
10. O xurado poderá declarar os premios desertos.

11. Os traballos premiados pasarán a ser propiedade do IES Perdouro. O resto dos traballos
poderán ser recollidos no Centro nun prazo non superior a un mes; despois desa data, pasarán a ser propiedade do IES Perdouro.

12. A participación neste concurso implica a aceptación das bases. Os casos non previstos nestas bases serán resoltos a criterio da organización.

IES Perdouro
Rúa do instituto s/n
27880 Burela (Lugo)
Teléfono: 982 575098
ies.perdouro@edu.xunta.es
bandadesexada@gmail.com

Baixar as bases