"ENCONTROS DE BANDA DESEÑADA NA MARIÑA" I.E.S. Perdouro -Burela-

01/12/11

Bases do concurso dos IV encontros


CUARTOS ENCONTROS DE BANDA DESEÑADA NA MARIÑA
CONCURSO DE CREACIÓN
BASES
A Biblioteca do IES Perdouro de Burela convoca o CONCURSO DE BANDA DESEÑADA dentro dos CUARTOS ENCONTROS DE BANDA DESEÑADA NA MARIÑA,no que rexerán as seguintes bases:
  1. Poderán participar neste concurso todas as persoas interesadas, existindo as seguintes categorías:
  • Libre ou aberta. Poderá participar calquera persoa que non gañara en anos anteriores nesta categoría.
  • Categoría escolar para alumnos de 15 ata 18 anos.
  • Categoría escolar para alumnos ata 14 anos.
  1. Cada obra so poderá presentarse nunha das categorías.
  2. O tema será libre, con textos en galego. Cada autor/a poderá presentar as obras que considere oportunas, non premiadas noutros concursos.
  3. Os traballos terán que ser orixinais, cunha extensión máxima de catro páxinas, a cores ou en branco e negro. A técnica é libre. Os traballos presentaranse con dimensións DIN A-4.
  4. A autoría poderá ser individual ou de dúas persoas: debuxante e guionista. O estilo, tratamento e xénero serán libres. O contido das obras non poderá atentar contra a integridade das persoas.
  5. Os traballos presentaranse baixo plica: en sobre pechado no que figurará na parte exterior o título ou lema e a categoría na que participa; no interior do sobre indicarase:
  • Título da obra.
  • Nome e apelidos do/a concursante (imprescindible)
  • Fotocopia do D. N. I
  • Centro educativo (no caso das categorías escolares)
  • Domicilio e teléfonos de contacto.
  1. Os traballos enviaranse a:
IES Perdouro
Rúa do instituto s/n
27880 Burela (Lugo)
  1. O prazo da presentación dos traballos remata o 20 de marzo do 2012.
  2. Os premios serán os seguintes:
  • Categoría Libre ou Aberta:
1º Premio: Ordenador portátil e tableta dixitalizadora.
2º Premio: Tableta dixitalizadora.
  • Categorías escolares:
1º Premio: Colección de bandas deseñadas e material de pintura.
2º Premio: Colección de bandas deseñadas e material de pintura.
  • Publicación das obras seleccionadas polo xurado nas diferentes categorías.
  1. O xurado poderá declarar os premios desertos.
  2. Os traballos premiados pasarán a ser propiedade do IES Perdouro. O resto dos traballos poderán ser recollidos no Centro nun prazo non superior a un mes, despois desa data, pasarán a ser propiedade do IES Perdouro.
  3. A participación neste concurso implica a aceptación destas bases. Os casos non previstos nestas bases serán resoltos a criterio da organización.
IES Perdouro
Rúa do instituto s/n
27880 Burela (Lugo)
Teléfono: 982 575098
ies.perdouro@edu.xunta.es
bandadesexada@gmail.com 

12/04/11

Fotos dos premiados e acto de clausura

PROXECIÓN MERCORES 13 DE ABRIL

NA BIBLIOTECA DO INSTITUTO AS 16:30, SORTEARANSE DOUS CÓMICS ENTRE @S ASISTENTES

DANI MONTERO DEIXOUNOS PLANTADOS !!!!!!

Como xa sabedes, Dani Montero (o que aparece na foto da entrada que tendes abaixo) non se presentou o acto de clausura dos III encontros, pero como somos xente con recursos, saimos do paso mellor que ben. 
Cristian Fojón ( o gañador do concurso na categoría aberta) debuxou para nos e Luis fixo unha divertida exposición das actividades realizadas durante os encontros.
Pois eso, un tirón de orellas para Dani Montero por deixarnos a todos plantados e unha aperta @s premiados.

11/04/11

ENTREGA DE PREMIOS 2011

O MÉRCORES 12 de abril as 12 na biblioteca do IES Perdouro , entrega de premios do concurso de banda deseñada da man de DANI MONTERO


Se queres saber mais ...

08/04/11

ENTREGA DE PREMIOS

Vos lembramos co próximo martes as 12 da mañá na biblioteca do IES Perdouro, teremos o acto de entrega de premios do concurso de creación. 



Contaremos ese día  coa presenza de Dani Montero que clausurará os encontros.

GAÑADOR@S DO CONCURSO DE BANDA DESEÑADA 2011



  • CATEGORÍA ESCOLAR ATA 14 ANOS (A)
1º premio: 


 Sara Fernández García
Itziar García  
 
" Halfy busca amigos "

CEIP Fondo Nois

2º premio:  


Claudia Arias García 
Amor Martínez Rupérez


" Mario e a atracción da morte "
  

CEIP Fondo Nois


  • CATEGORÍA ESCOLAR ATA 18 ANOS (B)
1º premio: Declarado deserto

2º premio:


Tania Díaz Vázquez

"Amigos orixinais "


IES Perdouro de Burela

  • CATEGORÍA ABERTA
1º premio:
Cristian Fojón Caruncho 
 

 " O home que liberou a fraga"




2º premio:
Hector Quintela González


"Bola # 8"


O noso agradecemento a todos os participantes, contamos con vos o próximo ano.

05/04/11

Comic sonoro

"Como se fai un cómic sonoro" Representación en vivo e en directo de réplicas famosas e fragmentos de cómics.
Representación a cargo de  alumn@s do bacharelato de artes do IES Montecastelo
De 10:30 a 11:15 na biblioteca

30/03/11

PROXECCIÓN mercores 30 de Marzo

NA BIBLIOTECA DO INSTITUTO AS 16:30, SORTEARASE UN CÓMIC ENTRE @S ASISTENTES

17/02/11

OBRADOIRO DE GUIÓN

Os vindeiros días 25 e 26 de febreiro Kike Benlloch impartirá en dúas sesións un obradoiro sobre o guión de banda deseñada, no I.E.S. Perdouro.

O taller terá unha parte teórica e outra práctica. Veranse exemplos reais das distintas técnicas e aproximacións que hai á escritura do cómic e comentaranse obras concretas.

A sesión do venres será das 18:30 ás 20:30 horas e a do sábado das 10:00 ás 13:00 horas.

O acceso é libre previa solicitude á secretaría dos Encontros en bandadesexada@gmail.com

Kike Benlloch (A Coruña, 1974) é autor de sete álbumes de BD e incontables historias curtas. Entre as súas obras cóntanse títulos como "Uxío Novoneyra, a voz herdada", "Pinche Mundo" ou "Freda".


Máis información. Kike Benlloch: http://www.kikebenlloch.com/



14/02/11

Obradoiro de bonecos


O mércores 16 de febreiro comeza o obradoiro que impartirá Luis Ramilo. Quedamos na biblioteca ás 16:30.

Por mor do temporal de vento, aplazase o obradoiro para o mércores 23 de febreiro a mesma hora.

PREMIAD@S NO SORTEO

08/02/11

PROXECCIÓN mercores 9 de Febreiro


NA BIBLIOTECA DO INSTITUTO AS 16:30, SORTEARASE UN CÓMIC ENTRE @S ASISTENTES

27/01/11

CARTAZO DOS TERCEIROS ENCONTROS



O autor do cartazo é PEDRO DÍAZ DÍEZ de Celeiro  (Viveiro) que estuda o BACHARELATO DE ARTES no IES MONTECASTELO de Burela