"ENCONTROS DE BANDA DESEÑADA NA MARIÑA" I.E.S. Perdouro -Burela-
Amosando publicacións coa etiqueta VI Encontros b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta VI Encontros b>. Amosar todas as publicacións
29/05/14
27/05/14
Acto de entrega dos premios do Concurso de creación de banda deseñada - VI Encontros de BD na Mariña
A continuación da conferencia do debuxante Fran Bueno, procedeuse á entrega dos premios aos gañadores e gañadoras das distintas categorías no concurso de creación de banda deseñada que se convoca cada ano.
Abriu o acto de entrega o director do IES Perdouro, Santiago J. Pérez. O Tenente Alcalde do Concello de Burela, Manuel Fernández, a edila de Cultura, Mónica Pedre, xunto co debuxante foron os encargados de entregar os premios e diplomas aos gañadores do certame de Banda Deseñada que nesta ocasión foron para os alumnos e alumnas do CEIP de Cervo, do IES María Soliño de Cangas do Morrazo, do IES Xunqueira I de Pontevedra e, na categoría libre, para participantes de Pontevedra e A Coruña. Pechou o acto o Tenente Alcalde felicitando e agradecendo iniciativas educativas de índole creativa como esta.
Etiquetas:
clausura,
FOTOS PREMIADOS,
Fran Bueno,
VI Encontros
Acto de clausura dos VI Encontros de Banda Deseñada na Mariña 2014
O martes 27 de maio tivo lugar na biblioteca do IES Perdouro de Burela o acto de clausura dos VI Encontros de Banda Deseñada na Mariña asi como a entrega de premios.
O debuxante santiagués Fran Bueno foi o invitado de excepción na clausura dos sextos Encontros de Banda Deseñada na Mariña que se celebraron no IES Perdouro de Burela.
Fran Bueno é un debuxante con gran proxección internacional xa que foi o primeiro autor galego en traballar profesionalmente no sector comercial do cómic estadounidense. Ademais ten no seu aval o prestixioso premio Castelao de cómic 2013 convocado pola Deputación da Coruña.
Durante a súa intervención, Fran Bueno falou do seu día a día como debuxante de cómic e explicou ao seu público a importancia da lectura da imaxe. Falou da relevancia do trazo, do grosor das liñas, das sombras. Repasou o proceso de creación dunha viñeta dende o debuxo, o entintar, o feito de colorear e sen esquecer os globos, ferramenta que intensifica en moitos casos os tonos en que falan os personaxes. En resumidas contas, unha imaxe é un conxunto de curiosidades que ten como único obxetivo emocionar os lectores de banda deseñada. O artista soupo captivar a atención de todo o público que se viu inmerso no apaixoante mundo da viñeta. Como broche final, o recoñecido debuxante fixo un simpático debuxo dedicado ao alumnado do centro.
Etiquetas:
clausura,
Fran Bueno,
VI Encontros
26/05/14
22/05/14
Clausura dos VI Encontros de Banda Deseñada 2014
O martes 27 de maio ás 12h20 na biblioteca abrirán o acto, o director, Santiago Pérez, a Vicedirectora, Karina Parga, a concelleira de Cultura, Mónica Pedre e o tenente alcalde, Manuel Fernández.
Etiquetas:
clausura,
Fran Bueno,
VI Encontros
21/05/14
Obradoiro de BD por Primitivo Marcos - sesión 2
O debuxante e guionista lucense, Primitivo Marcos, impartiu a segunda sesión do obradoiro de Banda Deseñada iniciado no pasado mes de abril ao alumnado de 1º de ESO.
Primitivo deixoulles unha tarefa que desenvolver por equipo, reto que supervisou o seu profeosr de debuxo, José Díaz. Os alumnos tiveron que recrear unha historieta a partir dun guión, duns diálogos e duns debuxos. O primeiro paso era ordenar as viñetas segundo o guión e colocar os bocadillos. En cada equipo, cada quen tiña determinada unha función. Logo de consensuar entre eles a ordenación da historieta, cada quen tiña asignado a tarefa de ordenación das viñetas, colocación dos diálogos, colorear os debuxos. Unha vez terminado este primeiro paso, se lles propuxo aos alumnos rematar a historia con un par de viñetas segundo a súa imaginación. Houbo de todo, o clásico final feliz ata o final máis vingativo!! Foi un obradoiro de moito proveito!!
Etiquetas:
obradoiros,
Primitivo Marcos,
VI Encontros
19/05/14
Reunión do xurado do Concurso de Banda Deseñada - 2014
Continúan as actividades relacionadas
coa Banda Deseñada organizadas polo IES Perdouro de Burela.
O xurado do concurso reuniuse hoxe para comezar a valoración das obras participantes nesta sexta edición.
O xurado do concurso reuniuse hoxe para comezar a valoración das obras participantes nesta sexta edición.
Farase público o fallo do xurado o vindeiro venres 23 de maio.
24/04/14
O labor do tradutor
Dentro das actividades desenvolvidas en torno aos VI Encontros de Banda Deseñada na Mariña, a biblioteca do IES Perdouro de Burela contou coa visita de Isabel Soto e Xavier Senín, os tradutores ao galego da voz dos irredutibles galos Astérix e Obélix. O alumnado de francés de 3º, 4º de ESO e 1º de Bacharelato asistiu a unha charla que tivo por título "O labor do tradutor".
Isabel Soto iniciou a conferencia repasando a historia dos autores e personaxes da banda deseñada francesa así como das súas primeiras versións en galego e incidiu na importancia de traballar en equipo para os tradutores. Pola súa banda, Xavier Senín contounos as dificultades idiomáticas coas que se atopan para trasladar os textos ao galego. Ámbolos dous manifestaron que traballaron con gran secretismo para a estrea mundial -o pasado mes de outubro- do último número da BD, Astérix e os Pictos. Alén do labor de Isabel e Xavier, o equipo de Uderzo leva a cabo unha rigorosa supervisión de todas as traducións das súas obras.
Transmitiron con esta charla interesantísima a paixón polo sétimo arte e espertaron entre o alumnado o interese pola profesión de tradutor, moitas veces esquecida.
Isabel Soto iniciou a conferencia repasando a historia dos autores e personaxes da banda deseñada francesa así como das súas primeiras versións en galego e incidiu na importancia de traballar en equipo para os tradutores. Pola súa banda, Xavier Senín contounos as dificultades idiomáticas coas que se atopan para trasladar os textos ao galego. Ámbolos dous manifestaron que traballaron con gran secretismo para a estrea mundial -o pasado mes de outubro- do último número da BD, Astérix e os Pictos. Alén do labor de Isabel e Xavier, o equipo de Uderzo leva a cabo unha rigorosa supervisión de todas as traducións das súas obras.
Transmitiron con esta charla interesantísima a paixón polo sétimo arte e espertaron entre o alumnado o interese pola profesión de tradutor, moitas veces esquecida.
Artigos de prensa relacionados coa saída da BD en galego:
Entrevista a Xavier Senín en CRTVG:
A tradución ao galego. Entrevista a Xavier Senín
A tradución ao galego. Entrevista a Xavier Senín
Etiquetas:
Isabel Soto,
VI Encontros,
Xavier Senín
11/04/14
Cartel dos VI Encontros de Banda Deseñada na Mariña
Agradecemos a colaboración desinteresada do ilustrador Daniel Vilas por ceder unha das súas ilustracións para o cartel dos encontros deste ano. (Imaxe do personaxe Pingüino de Batman)
03/04/14
02/04/14
Obradoiro de BD por Primitivo Marcos - sesión 1
O debuxante e guionista lucense, Primitivo Marcos, impartiu este mércores 2 de abril a primeira parte dun obradoiro de Banda Deseñada no I.E.S. Perdouro.
Primitivo Marcos iniciou o alumnado no mundo da viñeta e amosoulles como dar os primeiros pasos para crear unha BD sen desesperarse por mor de que o debuxo e a historia se resistan a saír da imaxinación. E púxolles un reto: crear as primeiras personaxes dunha breve historieta. Conseguírano?
Etiquetas:
obradoiros,
Primitivo Marcos,
VI Encontros
25/03/14
Acto de inauguración dos VI Encontros de Banda Deseñada na Mariña - 2014
O pasado 24 de marzo na Biblioteca do IES Perdouro presentáronse os VI Encontros de Banda Deseñada na Mariña, uns encontros que comezaron no ano 2009 e que teñen dous obxectivos básicos: por un lado, a posta en coñecemento do apaixoante mundo do cómic e, por outro, dinamizar a vida da Biblioteca, xa que o cómic é un bo recurso para fomentar a lectura entre o máis novos. A adquisión de moitas obras novas para os fondos da Comiteca posibilita a consulta e a lectura de calidade, o que fai que o noso alumnado mostre interese por este tipo de obras.
Nesta primeira xornada dos VI Encontros, o Centro encheuse de superheroes da banda deseñada.
Igualmente presentouse o número quinto da nosa revista “Banda Desexada”, que recolle todo o feito nos encontros do ano pasado así como os traballos premiados na anterior edición.
Nesta primeira xornada dos VI Encontros, o Centro encheuse de superheroes da banda deseñada.
Igualmente presentouse o número quinto da nosa revista “Banda Desexada”, que recolle todo o feito nos encontros do ano pasado así como os traballos premiados na anterior edición.
| Bases do Concurso de creación de banda deseñada |
O prazo de presentación remata o 4 de maio. |
20/03/14
Inauguración dos VI Encontros de Banda Deseñada na Mariña - 2014
Esperámoste o luns 24 de marzo ás 11h na biblioteca do IES Perdouro.
Como ven sendo habitual nos encontros, o día da inauguración danse cita na biblioteca figuras, persoeiros, bocadillos do mundo da sétima arte. Este ano pedimos auxilio aos superheroes para axudarnos a construír un mundo mellor e loitar contra os viláns. Para iso facemos o seguinte chamamento: "Presenta unha identificación de superheroe (capa, máscara, antifaz ou logo) para poder acceder á biblioteca e gozar dun chocolate cun anaco de lambona." Disque Superman e Capitán América aparecerán polo Perdouro.
Igualmente presentaremos o número cinco da nosa revista “Banda Desexada”, que recolle as actividades nos encontros do ano pasado así como os traballos premiados na anterior edición.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)






